No curso 2017-18 púxose en marcha o Club de Ciencia do IES Fin do Camino, co obxectivo de deseñar e aplicar unha nova metodoloxía para a reintroducción da especie ameazada Alyssum gallaecicum na microrreserva de mar de fora da que se consideraba extinta dende os anos 90.

A especie Alyssum gallaecicum estaba presente no Mar de Fóra até hai poucas décadas, de onde se presume que poido desaparecer, dado o seu carácter vulnerable, pola alteración do hábitat natural do sistema dunar, ben polos efectos da retirada directa de área para construcción ou ben polos procesos de degradación derivados da intensificación turística. Na actualidade, os núcleos máis próximos sitúanse na zona leste da praia de Langosteira, tamén no concello de Fisterra mais xa fóra da Zona de Especial Conservación (ZEC), espazo protexido pola Rede Natura 2000.

Comentários

Postagens mais visitadas