Conclusións do Club de Ciencia no curso 2017-18
No curso 2017-18 puxemos en marcha o club de ciencia do IES Fin do camino, cun obxectivo moi claro Deseñar e aplicar unha nova metodoloxía para a reintroducción da especie ameazada Alyssum gallaecicum na microrreserva de mar de fora da que se consideraba extinta dende os anos 90. A. Elaboración das preguntas Nunha primeira fase do proxecto plantexamonos diferentes variables e hipótesis - É irrelevante plantar directamente sementes en campo ou é máis eficaz usar plántulas procedentes de sementes xa xerminadas en laboratorio? - É indiferente a época do ano na que se plantan? - É máis eficaz realizar o plantado nasobre area descuberta ou é mellor sobre una capa de musgo? B. Tratamento de sementes e xerminación Para a xerminación empregaronse sementes recollidas na praia de L...
