Conclusións do Club de Ciencia no curso 2017-18



No curso 2017-18 puxemos en marcha o club de ciencia do IES Fin do camino, cun obxectivo moi claro Deseñar e aplicar unha nova metodoloxía para a reintroducción da  especie ameazada Alyssum gallaecicum na microrreserva de mar de fora da que se consideraba extinta dende os anos 90.


A.    Elaboración das preguntas


Nunha primeira fase do proxecto plantexamonos diferentes variables e hipótesis

-       É irrelevante plantar directamente sementes en campo ou é máis eficaz usar plántulas procedentes de sementes xa xerminadas en laboratorio?

-       É indiferente a época do ano na que se plantan?

-       É máis eficaz realizar o plantado nasobre area descuberta ou é mellor sobre  una capa de musgo?






B.    Tratamento de sementes e xerminación

Para a xerminación empregaronse  sementes recollidas na praia de Langosteira e a xerminación realizouse no laboratorio do Instituto. As sementes situaronse en placas petri sobre papel de filtro embebido en auga, e a xerminación considerouse a partir do momento da aparición da radícula.

Monitorizouse a xerminación durante os recreos, e cubriuse unha ficha de control onde se recollia a porcentaxe de xerminacion , e a temperatura máxima e mínima.

Despois de 7 dias, puidose comprobar como as sementes presentaban unha mellor xerminación en ausencia de luz

As plantas foron trasplantadas a sementeiros no momento da aparición dos cotiledóns, para iso  preparamos dous tipos de substrato de siembra. Un deles formado unicamente por terra, e outro por un substrato formado pola terra anterior e area nunha proporcion 1:1.

Observamos como as que xerminaron en presencia de luz, sendo mais pequenas eran mais vigorosas e polo tanto mais fáciles de ser transplantas, e con menos posibilidade de ser danadas durante o trasvase.
Tamén diseñamos unha ficha para ir facéndolle seguemento as distintas bandexas.



C.    Reintrodución

Unha vez que as plántulas tiñan un tamaño axeitada, procedimos a súa reintroducion na microreserva de mar de Fora.

Deseñouse unha metodoloxía que permitira estudar o estado das plántulas de xeito sinxelo e adapatado ao noso nivel educativo, tamén deseñouse unha ficha de seguemente.

Seleccionaronse dous tipos de ambientes nos que pode desenvolverse a especie: áreas libres

e zonas con cobertura de musgos   Para cada undos médios   empregaranse 30 individuos e realizarans 3 réplicas, empregando polo tanto un total de 180 sementes. 

Asi mesmo realizuose tamén unha siembra directa en 3 réplicas con 40 sementes en cada unha delas, nos dous ambientes diferentes; areas libres  e zonas  con cobertura de musgos e tamén a diferente a profundidade , unhas das sementes foron plantadas superficialmente (emulando presencia de luz) e outras foron plantadas a unha profundidade de 3cm aprox (ausencia de luz).

D.   Conclusións

Como conclusións podemos salientar que:

Aprendimos a facer as preguntas correctas e a procurar as respostas axeitadas

Aplicamos o método científico a través de pequenos traballos de investigación

Aprendimos a cultivar sementes en placa Petri

Obtivemos 200 plantulas para reintroducir

Comparamos metodoloxías e analizamos os mellores resultados

En definitiva podemos concluir que as expectativas son boas mais debemos que agardar un ano  para  obter resultados


Comentários

Postagens mais visitadas